Campamentos deportivos de Verán da Deputación da Coruña

Campamentos deportivos de Verán da Deputación da Coruña

O Concello de Fene conta este ano con 5 prazas na 1ª quenda dos campamentos de verán da Deputación da Coruña. Será do 2 ao 7 de xullo de 2023 nas instalacións do IES Rosalía Mera (A Coruña). Campamento con estancia e manutención, onde poderán desfrutar dunha gran variedade de actividades.

Poden participar neste campamento os nenos/as nados/as entre o día 1 de xaneiro de 2009 e 31 de decembro de 2014. 

Prazos de inscrición:

Entre os días 10 de maio e 7 de xuño (ata ás 14.00 horas) será o prazo para facer as inscricións dos nenos/as no Rexistro Xeral do Concello de Fene (presencial ou telematicamente pola sede). Incorporando a ficha de inscrición totalmente cuberta e un volante de empadroamento de Fene (como mínimo dende o 2 de maio de 2023).

No caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo púbico entre os día 8 e 14 de xuño. Sorteo no que terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran ás campañas de verán da deputación. 

As persoas con praza deberán de completar a inscrición no Departamento de Cultura e Deportes antes do 20 de xuño de 2023.  O custe son 85€ (oitenta e cinco euros), cantidade que deberá ser aboada unha vez confirmada a praza.

Descargas