Maxia e humor na Biblioteca Municipal de Fene para conmemorar o Día das Letras Galegas
15-05-2023
Mañá martes, 16 de maio ás 18.00 h, a biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene acollerá o espectáculo “Habelas Hainas” da maga Leo Leíño. A función, dirixida a nenos e nenas de 6 anos en diante, xira ao redor das lendas e tradicións da nosa terra (Santa Compaña, San Andrés de Teixido, Celtas e druídas, a lenda do Apostol, romarías, etc. ), facendo uso da maxia e do humor.
Para asistir, cómpre anotarse ben por teléfono (981342302) ou presencialmente na biblioteca de 16.00 a 21.00 horas.
Con esta actividade, a B.P.M. de Fene festexará este ano o Día das Letras Galegas, adicado ao tradutor, novelista, historiador, xornalista e editor Francisco Fernández del Riego.