Ao redor de cincocentas nenas e nenos participaron este domingo na XXVIII Milla Escolar Concello de Fene
15-05-2023
O barrio de San Valentín foi o escenario, un ano máis, da Milla Escolar Concello de Fene, evento que mestura deporte, diversión, ocio e competición. Cun nivel de inscricións semellante ao de edicións anteriores, nas oito categorías nas que se dividiu a proba (cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín, biberón, prebiberón 2 e prebiberon 1) sumáronse ao redor de medio milleiro de participantes, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. A Milla Escolar Concello de Fene está organizada pola Concellería de Deportes coa colaboración de Decathlon, Navantia, Eroski e Espacio Deportivo Ferrolterra.
O tempo acompañou e a Avenida do Mar de San Valentín encheuse de espectadores na mañá deste domingo para animar aos nenos e nenas que tomaron parte nas carreiras. Todos recibiron medalla e para os tres primeiros clasificados de cada categoría (agás Prebiberón 1, Prebiberón 2 e Biberón) houbo trofeos que se entregaron ao remate da proba, ao redor das 13.00 horas.
Os/as gañadores/as da XXVIII Milla Escolar Concello de Fene foron:
- Categoría Infantil (1º e 2º da ESO) Feminina
1ª Noa Gorgullo Pazos (Jorge Juan) - Categoría Infantil (1º e 2º da ESO) Masculina
1º Guillermo Simón (CPI A Xunqueira)
2º Aitor López Valiño (IES de Fene) - Categoría Alevín (5º e 6º de primaria) Feminina
1ª Lara Blanco Hermida (CEIP Os Casais)
2ª Lis Rodríguez Varela (CEIP Os Casais)
3ª Enma González Rivera (CEIP Os Casais) - Categoría Alevín (5º e 6º de primaria) Masculina
1º Julián Maroño Vázquez (CPI A Xunqueira)
2º Samuel Tallón Blanco (CPI A Xunqueira)
3º Dago Galdo Ameneiros (CEIP O Ramo) - Categoría Benxamín (3º e 4º de primaria) Feminina
1ª Noa Filgueiras Pérez (CPR Jorge Juan)
2ª Uxía López Valiño (CEIP Os Casais)
3ª Laura Filgueira Prieto (CPR Jorge Juan) - Categoría Benxamín (3º e 4º de primaria) Masculina
1º Eliam Daniel Pérez García (CPI A Xunqueira)
2º Pablo Rozados Uceira (CPR Jorge Juan)
3º Erikson A. Pérez García (CPI A Xunqueira) - Categoría Prebenxamín (1º e 2º de primaria) Feminina
1ª Eva Rico Basoa (CEIP Centieiras)
2ª Carmen Fernández Allegue (CPI A Xunqueira)
3ª Inés Gómez Rey (La Salle - Ferrol) - Categoría Prebenxamín (1º e 2º de primaria) Masculina
1º Xavier Deibe Rey (CPR Jorge Juan)
2º Roi Marçal Rodríguez (CEIP Os Casais)
3º Iván Rodeiro Carrascosa (CPR Jorge Juan)