Andaina por Magalofes o sábado 3 de xuño
16-05-2023
Esta ruta por Magalofes encádrase no programa “Andainas por Fene” que organiza o Concello coa colaboración de distintas entidades veciñais ou culturais do termo municipal. Trátase de saídas de distintas distancias que se completan en aproximadamente dúas horas ou dúas horas e medio de percorrido, pensadas para recrearse no patrimonio material e inmaterial e na natureza de cada zona, contando sempre como guía cunha persoa de cada parroquia que vai comentando o que se vai vendo a cada paso. Ademais de promover hábitos de vida saudables, os itinerarios tamén teñen como obxectivo fomentar o coñecemento do concello por parte da veciñanza -e tamén das persoas de fóra que queiran sumarse-, así como reforzar os vínculos entre as entidades por medio dun programa de lecer compartido.
A participación é de balde, pero cómpre anotarse (antes do venres 2 de xuño ás 13.00 horas) chamando ao 630 994 459 ou presencialmente no ambigú do Local Social da AV San Xurxo de Magalofes
Saída ás 17.00 h da AV San Xurxo de Magalofes