A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” visitará Fene a mediados de xuño
30-05-2023
As persoas maiores de 55 anos son as destinatarias do programa “Coidados porta a porta” da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que ten como obxectivo prestar gratuitamente distintos servizos como: prevención da xordeira (atención básica, informativa e de prevención); podoloxía (para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés como eliminación de durezas, control de unllas ou calosidades); e prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas (probas de valoración cognitiva e estimulación da memoria). O prazo de solicitude de cita previa para beneficiarse destes servizos xa está aberto nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
A unidade móbil de “Coidados porta a porta” instalarase en Fene na zona situada entre o Pabillón polideportivo de San Valentín e o Colexio da Xunqueira os días 14, 15 e 16 de xuño. A atención dos profesionais na unidade móbil será en horario de 09:00 da mañá a 20:00 horas.