O luns 5 de xuño abre o prazo de matriculación provisional para o Verán Máis Alá 2023 de Fene

O luns 5 de xuño abre o prazo de matriculación provisional para o Verán Máis Alá 2023 de Fene

O criterio de selección para participar nesta nova edición do campus lingüístico do Concello de Fene será a situación socio-laboral das familias

Programa  dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2011 e 2019 (idades de referencia de 3 a 12 anos) e desenvolverase nas instalacións do CEIP de Centieiras do 3 ao 28 de xullo en horario de 8:00 a 14:30 h. Para participar cómpre ser veciño/a de Fene (empadroado/a en Fene) ou acreditar ter estado escolarizado/a nun centro de ensino do concello ao longo do presente curso escolar. Ademais, novamente, o criterio de selección non será o da orde de inscrición senón a situación socio-laboral das familias.

Ao igual que en edicións anteriores, estableceranse dúas quendas, a primeira do 3 ao 14 de xullo e a segunda do 17 ao 28 de xullo, podendo participar os/as rapaces/zas nas dúas ou só nunha. Ademais, novamente, dividirase en dúas franxas horarias: Madrugadores/as, de 08:00 a 10:00 horas (os nenos e as nenas poderán incorporarse, en frecuencias de media hora, ao longo desta franxa horaria) e Máis alá!, de 10:00 a 14:30 horas (os nenos e as nenas terán que incorporarse ás 10:00 h e saír a partir das 14:00 h). O número de prazas dispoñibles será de 120, o concello resérvase o dereito de reducir o número de prazas para programas de inserción.

Para facer a matrícula provisional, cómpre achegar a seguinte documentación:


• Ficha para a baremación das circunstancias sociais e familiares das persoas solicitantes. Inclúe autorización expresa para que o concello comprobe que os/as menores para os que solicita a preinscrición están empadroados en Fene como mínimo dende o 2 de maio de 2023.
• Ficha dos/as participantes
• Ficha de datos médicos dos/as participantes
• Fotografía tamaño carné co nome do/a neno/a no dorso
• Copia da tarxeta sanitaria(no caso de mutualidades e outros seguros privados, fotocopia da tarxeta e do cadro de médicos e de centros de referencia na zona)
• Informe/xustificante médico asinado polo facultativo pertinente (só no suposto do que o/a neno/a precise un tratamento específico ou teña algunha doenza que haxa que ter en conta. De ser o caso, facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo).

Esta documentación ten que achegase do 5 ao 7 de xuño ambos inclusive do seguinte xeito:


• Preferentemente por medios telemáticos dende as 8.00 horas do 5 xuño até as 23.00 horas do 7 de xuño a través da sede electrónica municipal https://sede.fene.gal ou do Rexistro Electronico Común, https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
• Excepcionalmente, matriculación presencial para aquelas persoas que obtiveran a cita previa nestes días. Neste caso, a matricula provisional realizarase no Departamento de Cultura (Avenida de Naturais, 44, entresollado) os días 5, 6 e 7 de xuño no día e hora (de mañá ou de tarde) que lles asignou ao solicitar a cita previa.

Ás 14.00 horas do 9 de xuño, se publicará na web a relación coa Matrícula Definitiva en Verán máis alá!

Descargas