O Concello de Fene e AFAL promoven dúas xornadas de formación sobre a Atención especializada no Alzhéimer e outras demencias
05-06-2023
Dirixido a familias e coidadores/as de persoas afectadas de deterioro cognitivo e dependentes en xeral.
Serán os día 8 e 9 de xuño, na Casa da Cultura de Fene. A sesións tratarán aspectos como a aboradaxe terapéutica nas demencias e as mobilizacións e transferencia das persoas dependentes.
As persoas interesadas en asistir deberán de inscribirse previamente:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Velentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607
Esta acción formativa é posible grazas ó acordo de colaboración asinado entre a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e Afal, e o apoio do Concello de Fene.
PROGRAMA:
Mesa Redonda. 8 xuño: Na primeira das sesións previstas en Fene, abordarase a sintomatoloxía e os sinais que poden anticipar un deterioro cognitivo; describirase como adoitan cursar as demencias centrándose principalmente nas distintas fases do alzhéimer e nas alteracións de comportamento, ademais de realizarse un repaso ás terapias non farmacolóxicas que poden retrasar a súa evolución.
Obradoiro práctico. 9 de xuño: Na segunda sesión tratarase dun xeito moi práctico as mobilizacións e transferencias da persoa dependente, as mellores posturas para previr problemas circulatorios e cutáneos derivados do encamado/a e os materiais existentes para previr esa problemática. Tamén se abordarán as técnicas para mover, cambiar de lugar e sentar á persoa enferma de maneira que non haxa ningún tipo de lesión nin no/a enfermo/a nin no/a coidador/a.