Reserva de prazas nas escolas deportivas 2023/2024
07-06-2023
Reserva escolas deportivas de piscina, pavillóns, Kárate e Judo 2023/2024
A Concellería de Deportes informa sobre o procedemento de reserva de prazas nas escolas deportivas municipais 2023/2024. Ésta tramitarase presencialmente no Pavillón A Xunqueira para alumnado matriculado no mes de XUÑO.
Os prazos son:
O alumnado de Fene poderá realizar a súa reserva entre o 12 e o 23 de xuño.
O alumnado de fóra de Fene e de Fene poderá realizar a súa reserva do 26 de xuño ao 5 de xullo.
As persoas interesadas poderán achegarse no seguinte horario de atención ao público, de luns a venres de 08:30 A 14:00 H e os mércores do mes de xuño 16:00 A 19:00
Todo o alumnado matriculado no mes de xuño (que non teña cotas pendetes de pagamento deste curso ou cursos anteriores), poderá facer a reserva de praza na escola na que estaba matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durate o presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que escoller novo horario.
As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódolas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas deportivas durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian domiciliar o pagamanento, xa que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta).
A documentación a presentar na reserva é:
• Carné de usuario/a
• Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta.
Finalizado o prazo de reservas, se non se formalizou a reseva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no periodo de matriculación no mes de setembro.
PAGAMENTO DE COTAS
RENOVACIÓN MENSUAL: Os/As usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón A Xunqueira nas mencionadas datas.
DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculación na actividade para o curso 23/24.
No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de otubro.