Coidados porta a porta

Coidados porta a porta

As persoas maiores de 55 anos son as destinatarias do programa “Coidados porta a porta”

A unidade móbil de “Coidados porta a porta” instalarase en Fene na zona situada entre o Pavillón polideportivo de San Valentín e o Colexio da Xunqueira os días 14, 15 e 16 de xuño. A atención dos profesionais na unidade móbil será en horario de 09:00 da mañá a 20:00 horas.

A cita previa pode solicitarse nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Como actividade complementaria aos servizos “Porta a Porta”, o salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Fene acollerá o 14 de xuño, ás 19:00 horas, unha charla sobre os coidados do oídos.

Esta charla, con entrada de balde até completar aforo, correrá a cargo do/a profesional de audioloxía da unidade móbil.