Listados Verán máis alá 2023

Listados Verán máis alá 2023

Rematado o prazo de matriculación provisional en Verán máis alá!, ao rexistrarse máis solicitudes que prazas dispoñibles por quincena, e aplicados os criterios de baremación (*) que rexen a adxudicación das prazas por cada quincena, procédese á publicación das persoas admitidas e excluídas na actividade:


-        Listado admitidos/as na 1ª quincena
-        Listado admitidos/as na 2ª quincena
-        Relación de persoas excluídas que conforman a lista de agarda

As persoas admitidas teñen que acudir ao Departamento de Cultura (Avenida de Naturais, 44 entresollado dereita) do 14 ao 20 de xuño en días laborables e en horario de 8.00 a 14.00 horas a retirar o recibo de autoliquidación da cota. Recollido este recibo, teñen que proceder ao seu pagamento nunha entidade bancaria con anterioridadade o 20 de xuño e achegar xustificante do pagamento polos seguintes medios:

Por correo electrónico, enviándoo a cultura.deportes@fene.gal. É imprescindible recibir correo electrónico confirmando a recepción.

Presencialmente, no Departamento de Cultura e Deportes en días labores e en horario de 8.00 a 14.00 horas.

Non facer efectivo o pagamento no prazo sinalado implica causar baixa na actividade.

Dado que hai prazas vacantes, ás persoas excluídas que conforman a lista de agarda ofrecéselles a posibilidade de matricularse na segunda quincena. De estar interesadas, teñen que formalizar a súa matrícula nos mesmos termos e prazos (do 14 ao 20 de xuño) que rexen para as persoas que resultaron admitidas.
Se logo do 20 de xuño houbera baixas na primeira quincena estas prazas ofreceranse ás persoas que figuran na lista de agarda pola orde de prelación que figura no listado.

(*) En caso de producirse empates na valoración dos/as solicitantes das prazas unha vez aplicados os criterios anteriores (situación familiar e situación laboral), as prazas adxudicaranse priorizando en primeiro lugar a quen teña irmáns/ás que soliciten Verán Máis Alá. De persistir o empate, por orde alfabética do primeiro apelido do/a solicitante.

Descargas