Dereitos Sanitarios: Eutanasia e Testamento Vital
12-06-2023
A Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación Por + Vida, convídanos á charla-coloquio sobre "Eutanasia e Testamento Vital" impartida por Miguel Anxo García Álvarez, presidente da Asociación Dereito a Morrer Dignamente de Galicia (DMD) que terá lugar o vindeiro 15 de Xuño ás 19.00 h na Casa da Cultura.
A Concellaría de Benestar e Igualdade coa colaboración da Asociación Oncohematolóxica Por + Vida a través da asociación DMD Galicia, invita a todas as persoas interesadas a participar no acto no que se informará sobre o dereito de toda persoa a dispoñer con liberdade do seu corpo e da súa vida e a elixir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala. Do mesmo xeito, quérese apoiar a defensa, de xeito especial, do dereito das persoas enfermas terminais e irreversibles a morrer sen sufrimentos, se este é o seu desexo expreso.
No charla, o presidente galego da Asociación DMD Galicia, Miguel Anxo García Álvarez, falará da nova lei de Eutanasia e do Testamento Vital, de como facer para formalizar a nosa vontade de xeito legal, do rexistro galego... e de todo o referente ao tema obxecto da charla. Esta será informativa e eminentemente participativa, xa que se abrirá un espazo para que as persoas asistentes podan preguntar e informarse de cuestións máis detalladas ao respecto.
A asistencia é de balde, sen que sexa preciso anotarse para asistir a el.