O vindeiro luns abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de verán do Concello de Fene

Fene estreará a programación deportiva estival cunha nova edición do Campionato de Fotografía Submarina e co Día do Deporte na Rúa

O vindeiro luns abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de verán do Concello de Fene

Bautismos de mergullo, cursiños de kaiak e paddle surf para adultos e para poboación infantil, campamento lúdico-deportivo e ximnasia de verán. Son algunhas das actividades que o Concello de Fene anuncia para as vindeiras semanas, no marco da súa programación deportiva de verán 2023. Baixo o lema “Movémonos???”, as actividades desenvolveranse en distintas instalacións municipais, entidades sociais e espazos naturais do Concello de Fene durante os meses de xullo e agosto. As persoas que queiran anotarse nos campus deportivos e cursiños de verán municipais poderán facelo a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene. Horario: de 9.00 a 14.00 horas.

O Campionato de Fotografía Submarina de Fene (proba puntuable no Circuito Galego de Fotosub) será o primeiro evento deportivo do verán no Concello de Fene. Desenvolverase na mañá do domingo 25 de xuño. Os/as participantes sairán en barco do Peirao de Barallobre ao redor das 9.00 horas e realizarán dúas inmersións: a 1ª, entre as 10.00 e as 11.30 horas, e a 2ª, entre as 12.00 e as 13.30 horas. Como novidade, nesta edición o Concello de Fene oferta 20 prazas para asistir de balde como espectador das inmersións dende a embarcación que servirá de apoio á proba. As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo por rexistro xeral de entrada do Concello até o 21 de xuño ás 23.59 horas.

Organizan: Concellería de Deportes de Fene, CAS Nautilus Fene e Federación Galega de Actividades Subacuáticas coa colaboración da Cofradía de Barallobre.

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

Un ano máis, os veciños/as de Fene e comarca poderán gozar de balde dun sinfín de actividades deportivas ao aire libre durante a celebración do Día do Deporte na Rúa que terá lugar o domingo 2 de xullo na avenida do Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Círculo de Perlío. Comezará ás 10.30 horas e durante tres horas e media (até as 14.00 horas), todas as persoas que o desexen poderán participar en calquera das actividades propostas: tirolina xigante, karts a pedal, danza moderna, inchables, zumba, pilates, voleibol, equilibrismo, malabarismo, tiro con arco, slakline, fútbol, baloncesto, deportes de raqueta, xogos tradicionais galegos, pintadas, elaboración de chapas, carreiras, obradoiros de nutrición saudable, etc. Ademais, por participar nun mínimo de 3 actividades, os/as participantes recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada.

O Día do Deporte na Rúa mestura deporte e lecer co obxectivo de animar á veciñanza a desfrutar do deporte en familia. Colaboran co Concello de Fene nesta actividade: a Deputación da Coruña, Colexio Jorge Juan Perlío, CCRD Perlío, Amigos da chave de Ferrolterra, Escudería Scratch Fene, Club Kang, Ximnasio Fitness Fene e Club Artes Marciais Fene.

CURSIÑOS DEPORTIVOS

A Concellería de Deportes de Fene organiza tamén para este verán diversos cursiños deportivos entre os que salientan:

• Ximnasia de mantemento ao aire libre para toda a familia (gratuita)
Trátase dunha actividade física de grupo, nivel suave, que ten como obxectivo “manter ou mellorar a condición física xeral e pasar un rato agradable cos demais”
Datas: do 3 de xullo ao 30 de agosto
Horario: luns, mércores e venres laborables, de 9.45 a 10.45
Lugar: paseo marítimo de San Valentín (parte traseira do pavillón da Xunqueira) ou, no caso de choiva, interior do pavillón da Xunqueira
Destinatarios/as: persoas de todas as idades
Inscrición: non é precisa

• Bautismo de mergullo infantil (gratuito)
Data: 8 de xullo
Horario: de 17 a 18 horas
Lugar: Piscina Municipal de Centieiras
Destinatarios/as: nenos/as de 10 a 14 anos
Requisitos: saber nadar, contar con permiso paterno/materno e dispoñer do material preciso (bañador, gorro, chanclas e camiseta para meter na auga)
Inscrición: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 19 de xuño ao 5 de xullo, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas

• Bautismo de mergullo para maiores de 14 anos e adultos
Datas: 8 e 9 de xullo
Horario: de 18.00 a 20.00 horas (8 de xullo) e de 10.00 a 13.00 horas (9 de xullo)
Lugar: Piscina Municipal de Centieiras (8 de xullo) e Praia de Chanteiro (9 de xullo)
Destinatarios/as: persoas maiores de 14 anos
Requisitos: saber nadar, contar con permiso paterno/materno (no caso dos menores de idade) e dispoñer do material preciso (bañador, gorro, chanclas e camiseta para meter na auga)
Inscrición: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 19 de xuño ao 5 de xullo, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas
Cota: 6,25 €

• Kaiak e paddle surf para adultos e poboación infantil
Actividade destinada a persoas adultas e poboación infantil nada no 2015 e anteriores.
Datas:do 10 de xullo ao 18 de agosto
Horario: de 11.00 a 13.00 horas en dúas quendas (1ª quenda, os lunes e mércores, e 2ª quenda, os martes e xoves)
Lugar: praia de Almieiras (Limodre)
Requisitos: saber nadar e dispoñer do material preciso para a actividade: chanclas pechadas que suxeiten o pé ou escarpíns, bañador, toalla, camiseta de recambio para estar na auga (de licra ou neopreno)
Inscrición: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 19 de xuño ao 5 de xullo, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas
Cota: 23,25 € (a partir do 2º membro da unidade familiar residentes en Fene: 18,60 €). Cada persoa poderá inscribir presencialmente aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis.
Prazas limitadas: 18 por quenda
Organiza: Concellería de Deportes de Fene coa colaboración do Mesón O Emigrante

• Campamento lúdico e deportivo
Actividade con pernocta voluntaria e cea, velada nocturna e almorzo do día seguinte o último día do campamento (noite do 10-11 de agosto)
Datas: do 31 de xullo ao 11 de agosto
Horario: de 10.00 a 14.00 horas
Lugar: CMI Unidade de Fene
Destinatarios/as: nenos/as nados/as entre 2011 e 2018
Requisitos: dispoñer do material preciso para o desenvolvemento da actividade (roupa cómoda e deportiva, bañador xa posto da casa, unha muda de roupa interior, toalla, chanclas, gorra, manguitos xa preparados da casa, merenda e auga)
Inscrición nenos/as domiciliados ou escolarizados en Fene: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 19 ao 30 de xuño, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas. Cada persoa poderá inscribir presencialmente aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis.
Inscrición nenos/as doutros concellos: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 3 ao 20 de xullo, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas. Cada persoa poderá inscribir presencialmente aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis.
Cota: 28,20 € (22,56 € a partir do segundo membro da unidade familiar residentes en Fene)
Prazas limitadas:30
Organiza: Concellería de Deportes de Fene.

Descargas