Este mércores remata o prazo para solicitar asistir de balde como espectador ás inmersións desde a embarcación de apoio á proba
Fene estrea este domingo o seu programa de actividades deportivas de verán co Campionato de Fotografía Submarina
20-06-2023
O Campionato de Fotografía Submarina de Fene (proba puntuable no Circuito Galego de Fotosub) desenvolverase na mañá do domingo 25 de xuño. Os/as participantes sairán en barco do Peirao de Barallobre ao redor das 9.00 horas e realizarán dúas inmersións: a 1ª, entre as 10.00 e as 11.30 horas, e a 2ª, entre as 12.00 e as 13.30 horas. Como novidade, nesta edición o Concello de Fene oferta 20 prazas para asistir de balde como espectador das inmersións dende a embarcación que servirá de apoio á proba. A saída, desde o Peirao de Barallobre, será o domingo entre as 8.30 e as 9.00 horas, para retornar ao mediodía, entre as 13.30 e as 14.30 horas. As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo por rexistro xeral de entrada do Concello até o 21 de xuño ás 23.59 horas.
Organizan: Concellería de Deportes de Fene, CAS Nautilus Fene e Federación Galega de Actividades Subacuáticas coa colaboración da Cofradía de Barallobre.