Fin de curso do Serán Activo
20-06-2023
Programa de balde dirixido a persoas con idade igual ou superior aos 55 anos.
O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social e igualdade, desenvolveu de outubro a xuño o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca “ SERÁNS ACTIVOS”
Obradoiros que se realizaron de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello, a través das entidades veciñais e culturais, e a igual que o resto de escolas municipais coa chegada da tempada estival chega ao seu fin.
Os obradoiros que se levaron a cabo neste curso foron:
ESPAZO DE MEMORIA Os obradoiros estiveron funcionando nas parroquias de Limodre e San Valentín.
LEMBRANZAS Con grupos participantes nas parroquias de Barallobre, Perlio, Magalofes e Silllobre.
OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA Impartido no centro Sociocomunitario de Fene.
Dende o Concello agradecemos a dispoñibilidade e o interese por participar no programa así como a colaboración prestada polas entidades.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal