Exhibición das Escolas Deportivas Municipais este venres no pavillón da Xunqueira
21-06-2023
O alumnado amosará o aprendido nas clases de baile moderno, judo, kárate, ximnasia rítmica, atletismo, patinaxe, baile, pequedeporte e baloncesto
O pavillón da Xunqueira, en San Valentín, albergará o venres, 23 de xuño, a Exhibición de Escolas Deportivas Municipais. Unha cita que comezará ás 17 horas e na que tomarán parte os 370 nen@s e moz@s que, ao longo do curso, asistiron ás actividades deportivas do Concello.
Así, o público asistente poderá seguir as exhibicións do alumnado das clases de judo, kárate, ximnasia rítmica, atletismo, pequedeporte, baloncesto, patinaxe e baile moderno.