Recepción municipal ás xogadoras do Maniños e aos xogadores do Perlío recentemente ascendidos

Recepción municipal ás xogadoras do Maniños e aos xogadores do Perlío recentemente ascendidos

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e membros da Corporación Municipal recibirán esta tarde no Salón de Plenos da Casa do Concello á directiva, corpo técnico e xogadoras do equipo feminino do Cultural Maniños SD, recentemente ascendido a 2ª división autonómica, e á directiva, corpo técnico e xogadores do CCRD Perlío, tralo seu ascenso á 1ª división do fútbol galego e tras gañar a XXII Copa Aficionados Ferrol o pasado domingo. O acto, previsto para as 20 horas, estará aberto á veciñanza interesada en arroupar aos dous equipos feneses polos bos resultados colleitados esta tempada.