Amplíase o prazo de inscrición no programa Mocidade Activa até o venres 30 de xuño

Amplíase o prazo de inscrición no programa Mocidade Activa até o venres 30 de xuño

As Áreas de Benestar e Igualdade dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda anuncian a ampliación do prazo de inscrición para participar no programa Mocidade Activa, dirixido á rapazada de 11 a 16 anos, no marco do proxecto de prevención de condutas adictivas que están a desenvolver coa colaboración da Consellería de Sanidade. As prazas (10 por grupo) repartiranse entre os catro grupos que se pretenden poñer en marcha: dous en Fene, un en Mugardos e outro en Neda, cunha duración quincenal en cada quenda.

Neste espazo dinámico as actividades que realizarán os/as rapaces/as serán: roteiros guiados, obradoiros ao aire libre relacionados co medioambiente, deportes locais, tradicionais e acuáticos, xogos colaborativos, radio, fotografía…... Todo isto abordarase tendo en conta as emocións e as necesidades que nos espertan, valorando sí o noso benestar a través do uso saudable do ocio.

O período de inscrición para Mocidade Activa continuará aberto ata este venres, 30 de xuño, ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición. As solicitudes se realizarán enviando o formulario de inscrición cuberto a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal

Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Web:http://www.fene.gal

Descargas