Ximnasia de mantemento ao aire libre para gozar do verán en forma
07-07-2023
No marco da programación deportiva estival do Concello de Fene, os arredores do pavillón polideportivo de San Valentín acollen durante os meses de xullo e agosto, os luns, mércores e venres pola mañá, a actividade “Ximnasia de mantemento ao aire libre”. Dirixida a persoas de todas as idades (xa que se parte dun nivel “suave”), con esta actividade física de grupo preténdese que os/as participantes “manteñan ou melloren a súa condición física xeral e pasen un rato agradable practicando deporte cos demais”.
O mellor é que non precisa inscrición. As persoas interesadas en sumarse ao grupo de “Ximnasia de mantemento ao aire libre”, unicamente teñen que presentarse no lugar sinalado, no entorno do pavillón da Xunqueira, uns minutos antes do comezo da actividade. As sesións son todos os luns, mércores e venres laborables, de 9.45 a 10.45 horas.
No caso de choiva, a actividade trasladarase ao interior do pavillón da Xunqueira.