Cambio de ubicación do espectáculo de Fantoches Baj previsto para este venres

Cambio de ubicación do espectáculo de Fantoches Baj previsto para este venres

Por mor das previsións meteorolóxicas que anuncian choiva para os vindeiros días, a Concellería de Cultura de Fene anuncia que o espectáculo infantil “Chulises e o velocíclope”, de Fantoches Baj, representarase o venres 14 de xullo na praza do alcalde Ramón J. Souto González (baixo carpa), a carón da Casa do Concello (e non en San Valentín como estaba previsto inicialmente). A cita será a partir das 21.00 horas con entrada libre e de balde.

“Chulises e o velocíclope” é un espectáculo de intervención de rúa no que xogan un xigante, Agamelón, e un cabezón motorizado, o Velocíclope. O personaxe clownesca de Chulises fai de ponte entre un e outro ao tempo que con bombo, prato e turuta vai animando musicalmente as situacións.

Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña