Aberto o prazo de inscrición na 10ª Edicicón da carreira solidaria da Muller
03-08-2023
A Concellería de Igualdade colabora un ano máis coa Asociación Oncohematolóxica Por+Vida na organización, difusión, inscrición, recollida de material e traslado de participantes á 10ª Edici&
A Concellería de Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller do Centro de Servizos Sociais do Concello de Fene, informa da 10ª Edición da Carreira da Muller que terá lugar en A Coruña o vindeiro 24 de setembro de 2023, evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.
A Asociación Oncohematolóxica Por+Vida, en colaboración co Concello de Fene, fletará dous autocares para o traslado das mulleres participantes, realizará a recollida do dorsal e demáis material da carreira e formalizará as inscricións de todas as mulleres que participen a través da asociación.
Información da actividade:
Poden participar mulleres a partir de 12 anos de idade.
Os buses serán gratuítos para as participantes, até completar prazas, segundo rigoroso orde de inscrición. Terán preferencia as mulleres empadroadas en Fene e as socias de Por+Vida, aínda que se quedan prazas libres poderán ser cubertas con veciñas doutros municipios.
O prazo para anotarse coa asociación remata o 8 de setembro de 2023. (Ou ata esgotar inscricións dispoñibles)
Prezo inscripción (inclúe tamén a recollida e organización do material da carreira): 18,00 €. Días previos á carreira a Asociación Por+Vida notificará ás mulleres inscritas como realizar o pago.
Para máis información:
pormaisvida2011@gmail.com ou no teléfono 650 812 030.
smam@fene.gal ou nos teléfonos 981 342 607 e 981 492 706
Pódese entregar a ficha de inscrición cuberta persoalmente ou por email á propia entidade:
pormaisvida2011@gmail.com ou no Servizo Municipal de Atención á Muller do Centro de Servizos Sociais de Fene, Av. do Mar Bloque 1-Baixo, San Valentín: smam@fene.gal
A entrega da equipación para a carreira será o sábado 23 de setembro de 11:00h a 13:00h no Salón de Plenos do Concello de Fene.
A saída dos autocares será o domingo 24 ás 8.30 h dende a casa do Concello de Fene. A saída de A Coruña será ás 14.00 h. aproximadamente.
Máis información sobre a Carreira da Muller na súa páxina web: http://www.carreradelamujer.com/