As obras do certame de artesanía Antonio Fraguas chegan a Fene
22-08-2023
A Casa da Cultura de Fene exhibe dende hoxe as obras que concorreron a XIV edición do certame de artesanía Antonio Fraguas, na súa edición do 2022. A colección está integrada por 25 pezas de disciplinas diferentes como a xoiería, a cerámica, a escultura e a costura.
As mostra pódese visitar ata o 4 de setembro na sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene, aberto de luns a venres de 10.00 a 14.15 horas.