As citas para apuntarse nas escolas deportivas municipais comezarán a darse o 4 de setembro

As citas para apuntarse nas escolas deportivas municipais comezarán a darse o 4 de setembro

Tiro con arco, Balonmán e xadrez novidades na oferta deportiva municipal

A Concellaría de Deportes informa dos prazos de inscricións nas escolas deportivas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 8 ao 21 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 4 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.

Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:

Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 4 e 5 de de setembro de 9:00 a
13:30 horas

Poboación en xeral: 6 e 7 de setembro. De 9:00 a 13:30horas

A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812

O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 8 ao 21 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.

Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o departamento de Deportes recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas.

Compartimos nesta nova a normativa de matriculación 23/24 editada pola Concellería de Deportes, con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos que se desenvolverán desde o 1 de outubro até o 30 de xuño repartidos polos pavillóns, a piscina e outras instalacións municipais.

Entre as propostas -baloncesto, atletismo, pilates, zumba, natación, patinaxe, karate, judo, ximnasia rítmica, acondicionamento físico, pequedeporte, educación física contra a fatiga oncolóxica, etc.- destacan tres escolas deportivas de nova creación: Tiro con arco, Balonmán e Xadrez

 

 

Descargas