Abre o prazo de solicitude das Axudas o Bono Bús Estudiantil

Abre o prazo de solicitude das Axudas o Bono Bús Estudiantil

As solicitudes poderán presentarse até o día 18 de setembro

O Concello de Fene publica no BOP do 08/09/2023 o extracto da convocatoria do Bono Bus 2023/2024.  O prazo para entregar as solicitudes para o servizo de transporte e para a axuda económica será de 10 días naturais contados a partir de mañá.

O programa, que como novidade este ano incorpora a axuda tamén aos estudantes de formación profesional en centros públicos da cidade da Coruña, ten como obxectivo “facilitar o desprazamento diario de luns a venres no traxecto Fene-A Coruña-Fene para o estudantado fenés universitario e de FP durante o curso 2023-2024”

As solicitudes formalizaranse no modelo de solicitude establecido (que se pode descargar desta nova) e presentarase no Rexistro Xeral do Concello por vía telemática ou por vía presencial en días laborables, de luns a venres, en horario de 08.30 a 14.00 horas. O prazo para entregar as solicitudes para o servizo de transporte e para a axuda económica será de 10 días naturais contados a partir do seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP (08/09/2023). 

A convocatoria de subvencións ao transporte de estudantes do Concello de Fene vai dirixida ao estudantado que estea empadroado/a e teña residencia efectiva no Concello de Fene como mínimo dende o 1 de xuño de 2023 e que curse estudios universitarios e de FP para os que sexa preciso desprazarse diariamente até a cidade da Coruña.

O Concello de Fene destina un total de 7.500 € para financiar o programa. As subvencións concedidas variarán en función do número de beneficiarios/as finais do acordo, oscilando entre o 100% do custo do bonobus para un máximo de 16 beneficiarios/as e un 30 % do custo no suposto de que haxa entre 31 e 55 beneficiarios/as.

Para información ou consultas relacionadas coa subvención do Bonobús, a veciñanza pode chamar ao teléfono 981 340 366 ou contactar no mail cultura.deportes@fene.gal.

Descargas
Ligazóns