Horario inverno Casa da Cultura de Fene

Horario inverno Casa da Cultura de Fene

A partir vindeiro luns, 11 de setembro, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor de Fene Xaquín Marín.  

Con este novo horario, que se manterá durante o curso 2023/24, agás períodos de vacacións escolares, a Casa da Cultura (aula de estudo e sala de exposicións temporais) e o Museo do Humor de Fene Xaquín Marín abrirán de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. Pola súa banda, a Biblioteca Municipal abrirá de luns a venres, de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Aproveitamos a ocasión para lembrarlles que este venres 8 de setembro, ás 20 horas, inaugúrase no museo fenés (Avda. de Conces, 20-22) a exposición “40º aniversario da revista Can sen dono”. Unha exposición que permanecerá no Museo do Humor Xaquín Marín de Fene do 8 de setembro ao 27 de outubro.

Domingos e festivos, a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada.