A matriculación nas escolas deportivas continúa aberta até o 21 de setembro

A matriculación nas escolas deportivas continúa aberta até o 21 de setembro

O departamento de deportes do Concello de Fene informa que aínda está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas até o vindeiro 21 de setembro. As escolas que a día de hoxe teñen prazas vacantes son:

Escolas Pavillón A Xunqueira

Tiro con Arco
Xadrez
Iniciación ao balonmán
Aeróbic-Zumba
Atletismo
Fatiga oncolóxica

Piscina municipal

Iniciación adultos (tres días á semana)
Perfeccionamento infantil
Perfeccionamento adultos
Natación embarazadas - postparto

karate

No resto das actividades as prazas esgotáronse e/ou con citas reservadas até o seu remate.

As persoas interesadas deberán de  pedir cita previa para facer o trámite, que se centraliza no pavillón da Xunqueira. As citas poden solicitarse, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.

Consulta a normativa de matriculación aquí