Blues e punk no Paseo Marítimo de San Valentín o sábado 23 de setembro con Thee Blind Crows
20-09-2023
A banda pontevedresa Thee blind crows actúa este sábado ás 13:30 h no Paseo Marítimo de San Valentín. O concerto, con entrada libre e gratuíta, enmárcase nas actuacións programadas ao abeiro da Rede Cultural da Deputación e desenvolverase no mesmo escenario no que vai ter lugar o Fenerock. Na súa cita fenesa, o grupo ofrecerá o seu característico “son crú e frenético” que fará vibrar aos asistentes nunha viaxe que os levará de Mississippi a Detroit a través dos son máis primitivos e pantanosos.
Thee Blind Crows nace en 2008 fusionando a crudeza do blues máis primitivo coa rapidez e contundencia do punk rock. Todo iso aliñado cun son “garage” sempre presente. Inspirados inicialmente por outras bandas dos compoñentes como The Black Keys, The White Stripes ou Flat Duo Jets, e influenciados polos Sonics, MC5, The Cramps ou Link Wray, os seus compoñentes iniciais "Al" (guitarra e voz) e Diego "Dddelirio" (batería) comezan a súa carreira como dúo ao que, en 2018, únese un terceiro membro ás catro cordas: Samu (Terbutalina).
Ate a data publicaron varios traballos en formato single, EP e LP, salientando entre eles "Too Blues To Be Punk, Too Punk To Be Blues" de 2012 e "Primitive Loud Blues" de 2014, este último gravado e mesturado en Litum Records (Pontevedra) e masterizado en Detroit por Jim Diamond.
O 9 de xaneiro de 2019, xa como “power trío” con Samu, lanzan o seu novo disco baixo o título "Death Awaits Us All". O lanzamento deste LP fai de nexo de unión cara unha nova etapa do grupo e serve á súa vez para celebrar o seu décimo aniversario con 14 novas cancións que engaiolarán tanto aos amantes do blues máis pantanoso do século XX coma aos seguidores do punk e do garage de formacións de comezos dos anos 90´s e 00´s.
A finais de 2019 o grupo anuncia a marcha de Samu ao baixo e, pouco despois, presentan a Santi Paredes como baixista e novo vocalista, reformulando de novo o seu concepto de trío. En xaneiro de 2020 presentan un doble single chamado "Muy oscuro/Cuarto do pánico", interpretado en español e galego e co que se adentran aínda máis no garage e rock máis escuro.
Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña e AC Os Centolos.