En marcha unha nova edición do proxecto INDIRA

En marcha unha nova edición do proxecto INDIRA

O Centro de Servizos Sociais de Fene acolleu este mércores a primeira sesión dunha nova edición do Programa INDIRA coa participación dun total de 14 mulleres "interesadas en traballar coas súas debilidades e desenvolver as súas fortalezas persoais". O proxecto está guiado por dúas psicoterapeutas con ampla formación e experiencia en igualdade, sexualidade, educación emocional, técnicas de relaxación e atención plena, traballo corporal, autocoñecemento e terapia do reencontro, entre outras.

INDIRA é un proxecto "por e para todas as mulleres de Fene que se desenvolve a través de encontros semanais, nos que se abordaran diferentes temas e actividades relacionados coas relacións persoais, o autocoidado, a sexualidade e a saúde feminina, as intelixencias múltiples, as emocións, a violencia de xénero, etc.

Horario: mércores de 10:00 a 12:00 horas

Datas:
- Setembro: 27
- Outubro: 2,8,15,22 e 29
- Novembro: 8,15,22 e 29
- Decembro: 13 e 20

Lugar celebración: Centro de Servizos Sociais

Máis Información: Servizo Municipal de Atención á Muller – Centro de Servizos Sociais. Av. Do Mar Bloque 1-baixo – San Valentín. Tf.: 981342607-981492706