Seráns activos 2023-2024
29-09-2023
O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social presenta o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca “ SERÁNS ACTIVOS”.
Os obradoiros de “Espazo memoria” e “Lembranzas: o banco da memoria” desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais, as entidades colaboran facilitando os locais da cordo coa súa dispoñibilidade horaria.
O obradoiro de “Recuperación da memoria” realízase no centro Sociocomunitario de Fene.
Cada persoa poderá escoller libremente o obradoiro ao que acudir independentemente na parroquia na que viva.
Todos os talleres ofértanse cunha periodicidade semanal cunha duración de 2h. a partir do 9 de outubro de 2023 ata 22 de xuño de 2024.
Requisitos:
• Ter cumpridos os 55 anos.
• Cubrir ficha de inscrición antes do inicio da actividade.
Os obradoiros que se ofertan son os que se indican :
• ESPAZO DE MEMORIA
É un lugar de encontro pensado para aquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...).
Realízanse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria, a atención, a concentración, linguaxe etc. utilizando dinámicas grupais e de ocio.
• LEMBRANZAS: O BANCO DA MEMORIA .
Este obradoiro centrase en traballar diferentes procesos mentais desde unha perspectiva experiencial, dinámica, aportando vivencias e coñecementos. Ten como finalidade manter e recuperar a memoria histórica, costumes..... o que permite preservar a historia dunha comunidade fomentando as relacións interxeracionais e visibilizando as persoas maiores.
• OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA
A súa finalidade é atrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Realízanse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Realizase unha avaliación previa para adaptar as actividades.
Actividades están abertas a poboación a partir dos 55 anos.
A actividade ten carácter gratuíto.
Lugar e datas dos obradoiros
Lugar e datas dos obradoiros
|
||
ENTIDADES |
DURACIÓN |
HORA |
ESPAZO DA MEMORIA
|
||
AA.VV. DE LIMODRE |
XOVES Inicio 19 de outubro |
17:00 -19:00h. |
C.P.S. DE SAN VALENTÍN |
MARTES Inicio 10 de outubro |
16:30 -18:30h.
|
A.C.D.R. O POTE MANIÑOS |
LUNS Inicio 9 de outubro
|
17:00 -19:00h. |
|
|
|
LEMBRANZAS |
||
A.C.D.R. LIGA DE AMIGOS. BARALLOBRE |
MERCORES Inicio 11 de outubro outubro |
16:30 - 18:30h. |
AA.VV. PERLIO |
VENRES Inicio 13 de outubro
|
16:30 -18:30h. |
AW S.XURXO MAGALOFES |
VENRES Inicio 13 de outubro
|
19:00 - 20:30h. |
A.C.D.R. AGARIMO SILLOBRE
|
MARTES Inicio 10 de outubro |
18:30 -20:00h. |
C.M.I.U. FENE |
XOVE Inicio 19 de outubro
|
17:00 - 19:00h. |
RECUPERACIÓN DA MEMORIA
CENTRO SOCIOCOMUNITARIO
|
MÉRCORES Inicio 11 de outubro |
16.30 h - 18.30h |
Está aberto o prazo de matrícula ata que se cubran as prazas ofertadas, por orde de inscrición.(15 prazas por grupo).
Entregarase cuberta a folla de inscrición no centro municipal de Servizos sociais ou na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAISAvda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal