Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade
04-10-2023
A Concellería de Benestar Social de Fene, coa colaboración da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, organiza unha serie de actividades de interés social dirixidas a mulleres con discapacidade do Concello de Fene. Ao abeiro desta iniciativa encádrase o Programa ACTIVA-DAS e seu taller “CLAVES PARA O APODERAMENTO DAS MULLERES CON DISCAPACIDADE”.
A actividade realizarase este mes na sala de Servizos Sociais do Concello de Fene, sita na Avda. do Mar, bloque 1, baixo, 15500 Fene; os luns 9, 16, 23 e 30 de outubro e o 6 de novembro de 2023 en horario de 10:00 a 13:00 horas.
No taller abordaranse as seguintes temáticas:
- Comunicación
- Habilidades sociais
- Autocoñecemento
- Autoconcepto
As inscricións poden facerse ata a data de inicio do taller nos seguintes teléfonos:
Servizos Sociais de Fene_Tfno. 981 342 607
ACADAR_Tfno. 607 221 600