Inicio do programa de reforzo educativo e ocio “REFÓRZATE” 2023-24
06-10-2023
No marco do proxecto de prevención de condutas aditivas que o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda están a desenvolver, esta semana botou a andar o programa REFÓRZATE, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Trátase dun programa de formación en prevención comunitaria que ten como finalidade “evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables entre o alumnado que permanece vinculado ao sistema educativo, e sempre tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero”.
O programa vai dirixido a alumnado de primaria e secundaria derivado dos centros escolares en colaboración coas familias e os servizos sociais municipais.
Na primeira sesión do Grupo de Primaria (10 alumnos/as), celebrada onte á tarde no CPI A Xunqueira, houbo reunión coas familias do alumnado participante para explicar a metodoloxía a utilizar, requisitos a ter en conta e presentación do persoal técnico que vai estar co grupo. Tamén se organizou unha sesión co alumnado de presentación do curso, dinámicas de traballo e actividades deportivas. Este grupo reunirase no colexio de San Valentín os martes e xoves, de 16.00 a 18.00h.
En canto ao Grupo Secundaria (10 alumnos/as), desde os Servizos Sociais municipais indican que comezará a funcionar proximamente, os mércores e xoves, de 18.00 a 20.00h.
O programa combina dous espazos:
a) De atención educativa: mediante sesións de apoio escolar co alumnado con dificultades de aprendizaxe xeneralizada e/ou que precisen apoio nas áreas instrumentais.
b) Socioeducativos de lecer saúdable: utilizando o uso responsable das novas tecnoloxías, prevención en ludopatias, así como obradoiros de alimentación saúdable entre outros.
Os obxectivos:
• Favorecer o desenvolvemento individual, social e emocional dos/as menores mediante un traballo personalizado dirixido ao adestramento en competencias educativas e sociais.
• Mellorar as competencias educativas.
• Apoiar a socialización dos/as menores e as familias.
• Desenvolver actuacións de dinamización social .
• Fomentar a autonomía persoal, capacidade de análise da realidade, autoestima e responsabilidade. Educar e promover valores positivos en áreas transversais como saúde, medio ambiente, tempo de lecer, interculturalidade…..
Os criterios de admisión que se tiveron en conta para realizar a selección foron os seguintes:
• Alumnado en situación de vulnerabilidade ( social, económica ou de calquer outra índole).
• Alumnado sen acceso a beca BNEE.
• Alumnado con dificultades de aprendizaxe, problemas conductuais ou de xestión emocional e/ou con carencia de habilidades sociais e comunicativas.
O alumnado que non foi seleccionado está en lista de garda que se empregará se quedan prazas libres.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal