A conferencia do doutor en Física Héctor Álvarez Pol abrirá en novembro a terceira edición de Contando Ciencia
09-10-2023
Organizado pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene, coa colaboración da Concellería de Ensino do Concello de Fene, volve Contando Ciencia, un programa que botou andar hai dous anos e que retoma a súa actividade co inicio do curso escolar “co obxectivo de achegar a ciencia á poboación en xeral”. Aberto ao público en xeral, todas as conferencias terán lugar na Casa da Cultura, un xoves ao mes e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta.
O ciclo principiará o xoves 16 de novembro co relatorio “Do corazón da materia ao interior das estrelas”, a cargo do doutor en Física Héctor Álvarez Pol. Graduado e doutor en física pola USC, Álvarez Pol é profesor títular da USC. A súa carreira científica ten relación principalmente coa análise de detectores de partículas nucleares e físicas e coa análise de reaccións nucleares con núcleos exóticos (ofrecendo acceso á información sobre estruturas nucleares e as súas dinámicas e o desenvolvemento de estruturas computacionais para a simulación e adquisición de datos e o análises do resultado destes experimentos). É autor de numerosas publicacións relacionadas con este contido.
O ciclo Contando Ciencia proseguirá ao longo do curso 2023-24, atendendo ao seguinte calendario e programa:
• 14 de decembro, Inés Sánchez Sellero, doutora en Medicina e Cirurxía. Tema: "Sumisión química: máis aló dos titulares de prensa".
Inés Sánchez Sellero é profesora titular de Universidade da área de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela desde 1999. Investigadora do Instituto de Ciencias Forenses da USC.
• 18 de xaneiro, Erika Diz Pita, doutora en Matemáticas. Tema: “Todas as matemáticas á vez, en todas partes”.
Natural de Fene, Erika Diz Pita estudou Grao en Matemáticas e o Máster Universitario en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre 2013 y 2018. Acadou premios Extraordinarios Fin de Grao e Fin de Máster na universidade, así como o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia. Doutora en 2022 obtendo a cualificación de sobresaínte cum laude e a mención internacional. Entre agosto de 2022 e xaneiro de 2023 traballou como Profesora Titular na Universidade Intercontinental da Empresa, e desde xaneiro deste 2023 traballa como como Profesora Axudante Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC. O seus traballos de investigación céntranse no estudio cualitativo de sistemas dinámicos e ecuacións diferenciais. Dende o ano 2019 ten impartido numerosas charlas divulgativas en Institutos de Educación Secundaria de Galicia.
• 22 de febreiro, Begoña Graña Suárez, doutora en Medicina. Tema: “ Sobre a herencia xenética do cancro”.
Licenciada en medicina e doutora cum laude pola UDC. Especialista en Oncoloxía Médica do Servicio Galego de Saúde (SERGAS), as súas áreas de subespecialización son cancro hereditario e cancro gastrointestinal, patoloxías nas que ten traballado en diversos centros tanto en Galicia, como Cataluña e Estados Unidos.
• 14 de marzo, María del Mar Tomás Carmona, doutora en Medicina. Tema: “Innovación para vencer a resistencia antimicrobiana”
Grao en medicina, máster e doutora pola universidade de Granada. É especialista en microbioloxía no CHUAC e é tamén investigadora no INIBIC-SERGAS. Investiga a relación entre a resistencia e os mecanismos virulentos de varios patóxenos. Ademais, é a coordinadora da unidade de diagnoses xenómica de clínica de microbioloxía do CHUAC.
• 25 de abril, Javier Pedreira, “Wicho”, informático e autor de Microsiervos. Tema: Os valores de casa para andar pola rede”.
Responsable de informática dos Museos Científicos Coruñeses e un dos creadores de Microsiervos, uns dos blogs sobre ciencia e tecnoloxía máis lídos en español. É tamén coautor del libro Los nativos digitales no existen e colaborador habitual de medios de comunicación como El País, a Cadena SER, Muy Interesante e outros, así como da plataforma de divulgación científica Naukas.