Curso de Limpeza de superficies

Curso de Limpeza de superficies

O Concello de Fene, en base ao Convenio asinado ca Fundación Amigos de Galicia no ano 2023, vai desenvolver a través do Departamento de Benestar Social un curso denominado “Limpeza de superficies” que está enmarcado no Programa Emprende en Feminino.  Será os días 6,7,8,9,10 e 13 de novembro en horario de 09.00 h a 14.00 h na Aula do Departamento de Cultura e Deportes sita en Avda. Naturais, nº44, entresollado dereita.

Os contidos da formación a nivel xeral van a ser os seguintes:

Conceptos xerais.
Funcións xerais e específicas do/a técnico de limpeza
Tipoloxías de limpezas
Prevención de riscos específicos

Participan mulleres seleccionadas a través dos programas de integración laboral do Concello de Fene en coordinación ca técnica de de Inclusión Social do Consorcio.

Si estás interesada en realizar esta formación podes poñerte en contacto con Servizos Socias do teu Concello

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607