Asinados os convenios de colaboración das Subvencións Nominativas para entidades Culturais e Deportivas do Concello de Fene

Asinados os convenios de colaboración das Subvencións Nominativas para entidades Culturais e Deportivas do Concello de Fene

O alcalde de Fene e representantes de varias sociedades culturais e deportivas do termo municipal asinaron este mediodía os convenios das Subvencións Nominativas do ano 2023. Convenios que ascenden a un total de 50.000€, dos cales 38.500€ son para as entidades culturais, 6.500€ para as ANPAS e 5.000€ para as entidades deportivas. Con anterioridade, xa foran asinados os convenios coas sociedades Felicia Asociación Cultural e AC Centolos (para o Felipop Festival e o Fenerock, por un importe de 11.000 € para cada un deles)


Con estas aportacións, o Concello de Fene pretende apoiar o labor destas entidades para a organización dos seguintes eventos:

Slalom Fene (Club Escudería Scratch Fene): 5.000 €

Festa da Ameixa (SCRD O Pote de Maniños): 1.000 €

Romaría do Pote (SCRD O Pote de Maniños): 3.000 €

Festa do Poldro (AVV. San Xurxo de Magalofes): 1.200 €

Festa da Orella (AVV Santa Eulalia de Limodre): 1.200 €

Premio Pérez Parallé (CMI unidade de Fene): 3.600 €

Xuntanza de Gaiteiros (Airiños de Fene): 4.500 €

Festa do Langostino (CPS de San Valentín): 1.000 €

Romaría do Camiñante (Liga de Amigos de Barallobre): 1.000 €

Comedor escolar (ANPA CEIP Centieiras): 3.000 €

Comedor escolar (ANPA CEIP Os Casais): 3.500 €