O Concello de Fene celebra este sábado a súa Gala do Deporte

O Concello de Fene celebra este sábado a súa Gala do Deporte

A cita será ás 20.00 horas, no pavillón de San Valentín, o sábado 4 de novembro

Máis dun cento de deportistas de Fene ou vencellados a clubs de Fene serán homenaxeados este sábado, ás 20.00 horas, no pavillón de San Valentín nunha nova edición da Gala do Deporte. A cita retómase logo de tres anos de ausencia polo que, nesta ocasión, non só se recoñecerán os méritos dos/as deportistas locais ao longo da tempada 2022-23, senón tamén das dúas tempadas anteriores, 2020-21 e 2021-22. Nesta gala, a Concellería de Deportes premia os logros acadados polos/as deportistas e clubs do Concello en campionatos galegos ou de categoría superior. Tamén se homenaxeará á Asociación Por+vida, entidade promotora do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica. A entrada ao acto será libre e de balde.

 

Consulte aquí a relación de deportistas.

Descargas