A Casa da cultura, acollerá seis xornadas adicadas á adolescencia e adiccións así como o papel das familias na prevención das adiccións
08-11-2023
Estas sesións coas familias complementa aos obradoiros que se ofertan ao alumnado nos centros de ensino
Xornadas enmarcadas no programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade e promovidas polo concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda; encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.
Programa de formación en prevención familiar e comunitaria, que ten como finalidade acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.
Estas actuacións están encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información nas familias a nivel emocional e na prevención das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.
No ciclo de novembro e decembro as sesións a impartir son:
- “As crianzas medran, e agora que? “
DATA: 13 de novembro
Abordaremos as oportunidades, preocupacións e retos que conleva a crianza nas súas diferentes etapas; facilitando diferentes ferramentas e estratexias para o acompañamento saudable das nosas fillas e fillos (límites, afectos, autonomía, coeducación, etc.).
Destinada a todos os públicos
- “ Comunicaste en positivo? Pásate ao bo trato!”
DATA: 20 de novembro
Trataremos de analizar os estilos comunicativos na crianza, afondando no modelo da comunicación afectivo-consciente (asertividade, empatía, escoita activa e validación emocional). Compartiranse experiencias e recursos de como acompañar dende e para o botrato, fomentando así relacións positivas e igualitarias.
Destinada a todos os públicos
- “Familias sobreprotectoras, menores fráxiles”
DATA: 27 de novembro
Reflexionaremos sobre que entendemos por sobreprotección e as consecuencias. Compartiranse experiencias e recursos de como acompañar, fomentando así relacións maduras e críticas.
Destinada a todos os públicos
- “Convivir coas emocións”
DATA: 4 de decembro
Analizaremos como se identifican as emocións e as ferramentas a utilizar desde a educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación non violenta.
Destinada a todos os públicos
- “Adicción aos videoxogos”
DATA: 11 de decembro
Os aspectos a tratar, entre outros son, a xestión do tempo, o risco da adición, as pautas para previr e a posición da familia ante condutas aditivas.
Destinada para familias con fillas/os escolarizados a partir 3º de primaria.
- “ Menores e pornografía”
DATA: 18 de decembro
Aportarase información sobre as redes sociais, cales utilizan as crianzas, condutas arriscadas e ilegais.
Dirixida a familias e preadolescentes
Todas as sesións realizaranse ás 18.00h. LUGAR: Casa da cultura de Fene
As xornadas serán participativas, utilizando dinámicas e responderase ás preguntas plantexadas e están destinataria a representantes das ANPAs, entidades sociais e familias.
Presentación das solicitudes:
poderase facer achegando a ficha de inscrición cuberta polos seguintes medios:
- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Mediante o código QR
Inscrición :
As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar aforo.
Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Velentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607