Abre o prazo de preinscrición para a Campaña da Neve da Deputación da Coruña
10-11-2023
Preinscricións dende o día 13 de novembro ata o 1 de decembro de 2023
Sete nenos ou nenas de Fene poderán disfrutar dende o día 19 ata o 22 de xaneiro de 2024 da experiencia de participar na “Campaña da Neve” da Deputación da Coruña.
As idades dos nenos/as participantes serán de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023 e aboarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación.
Os participantes neste programa desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención nun albergue a pé de pista na estación invernal de Valgrande- Pajares (Asturias), contarán con cursos de esquí e actividades complementarias. A entrada dos rapaces/as na estación será o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.
Dende o luns, día 13 de novembro ata o venres, 1 de decembro de 2023, está aberto o prazo para facer as preinscricións dos nenos e nenas empadroados/as en Fene que estean interesados/as en participar na Campaña.
As preinscricións realizaranse no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais, 44, entresollado), de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas. Nesta primeira fase só haberá que cubrir a ficha de preinscrición, que estará a disposición das familias no propio departamento, e entregar un volante de empadroamento. (os participantes deberán estar empadroados no Concello de Fene, alomenos dende o 31 de outubro de 2023).
No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas solicitadas, realizarase un sorteo público das prazas diante da secretaria municipal entre o 4 eo 13 de decembro. Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran á campañas da neve.
Segundo información remitida pola Deputación da Coruña, a propia Deputación responsabilízase da maior parte dos gastos ocasionados polos cursos; transporte de tódolos participantes dende o punto de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades varias.
Tamén se indica que o transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, está incluído na oferta; os puntos da comarca onde se efectuará a recollida notificarase con suficiente anticipación.
Máis información:
https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024,
cultura.deportes@fene.gal
Telf: 981 340 366