Xornada de bautismo de mergullo solidario na piscina municipal

Xornada de bautismo de mergullo solidario na piscina municipal

A Concellería de Deportes de Fene colabora co Club de Actividades Subacuáticas Nautilus na organización dunha xornada de “Bautismo de mergullo solidario”. Terá lugar o sábado 16 de decembro, de 17 a 20 horas, na piscina municipal de Centieiras e vai dirixida a nenos/as (a partir de 6 anos) ou persoas adultas (sen límite de idade). Ademais, será de balde. O único requisito para participar é aportar un xoguete novo ou de segunda man en bo estado, que se entregará na piscina o día da actividade.

Para inscribirse na xornada de Bautismo de Mergullo Solidario cómpre enviar un correo electrónico a daviddeibe@casnautilus.org. O prazo finalizará o mércores 14 de decembro.