XXXVII edición do Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría
21-11-2023
Organizado conxuntamente polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda, disputarase o 3 de decembro
O Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Narón, Neda e Fene, organiza a XXXVII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”.
A saída e a chegada terán lugar na Estrada de Castela, nas inmediacións da praza de España de Ferrol.
O percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.000 metros aproximadamente sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene e Ferrol. ( nese orde).
A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.
Inscrición
Poderanse realizar inscricións ata o mércores 29 de novembro de 2023 ás 23:59 horas
Recollida de dorsais
Venres 1 de decembro de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas no Complexo Polideportivo Municipal da Malata.
Sábado 2 de decembro de 10:00 a 13:30 no Complexo Polideportivo Municipal da Malata e de 16:00 a 20:30 horas na Praza de España. (oficina de Turismo)
Domingo 3 de decembro, dende as 8.00 ata as 9.30 horas na Praza de España do Concello de Ferrol. (oficina de Turismo)