Familias sobreprotectoras, menores fráxiles
24-11-2023
O 27 de novembro, ás 18.00 h, a Casa da Cultura de Fene acollerá a terceira xornada adicada á adolescencia e adiccións así como o papel das familias na prevención das adiccións.
Nesta ocasión incorporando un novo tema a tratar que é o de “Familias sobreprotectoras, menores fráxiles”:
- As hiperpaternidades: un estilo de crianza.
- Consecuencias da sobreprotección na infancia.
- Estratexias para evitar a sobreprotección na crianza dos fillos/as
- Reflexionaremos sobre que entendemos por sobreprotección e que influencias poden ocasionar. Compartiranse experiencias e recursos de como acompañar, fomentando así relacións maduras e críticas.
No taller conteremos cun servizo de coincilización para as crianzas para as familias que o precisen.
Xornadas enmarcadas no programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade e promovidas polo concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda; encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada cuxa finalidade é acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.
SERVIZO DE CONCILIACIÓN:
Paralelamente as sesións para as familias estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo.
Inscrición:
Para as familias que se inscriban a partir de agora recollese a pregunta na propia folla de inscrición.
Para as familias interesadas que xa presentaron a folla de inscrición é necesario que contacten con servizos sociais para solicitalo.
O plazo para inscribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.