O pavillón de San Valentín acolle este sábado o XVIII Trofeo de Judo de Minikatas “ Concello de Fene”
30-11-2023
Quince clubs da bisbarra tomarán parte este sábado, 2 de decembro, no XVIII Trofeo de Judo de Minikatas que organiza o Club Artes Marciais Fene coa colaboración da Concellería de Deportes. O encontro desenvolverase no pavillón da Xunqueira a partir das 10:30 horas e contará coa participación duns 300 judokas da comarca de Ferrolterra e da Coruña, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os clubs e deportistas inscritos pertencen maioritariamente aos concellos de Fene, Ferrol, Narón, Cabanas, Pontedeume, Miño, A Coruña, Arteixo e Teixeiro.
Neste torneo puntuarase a execución técnica do alumnado e as notas acadadas servirán para acceder ao pase de grado. Non haberá clasificacións nin entrega de trofeos, pero tódolos judokas levarán un agasallo consistente nunha mochila cunha camiseta e unha manualidade que realizarán eles mesmos con axuda do monitorado.
Os clubs e colexios inscritos no XVIII Trofeo de Judo de Minikatas “Concello de Fene” son os seguintes:
Fene: Escola Municipal de Judo
Ferrol: Colexios San Rosendo e Sagrado Corazon Madres Mercedarias
Narón: Utopia Fitness Club e AD Judo Ferrolterra
Cabanas: Escola Municipal de Judo
Pontedeume: Escola Judo Pontedeume
Miño: CPI Castro Baxoi
A Coruña: Ximnasio Fibra e colexios San Francisco, Salgado Torres, Wenceslao Fernández Flores e Novo Mesoiro
Arteixo: Judo Club Arteixo
Teixeiro: CEIP Teixeiro