XXI Festival de Panxoliñas Concello de Fene no CCRD de Perlío

XXI Festival de Panxoliñas Concello de Fene no CCRD de Perlío

Terá lugar este sábado, 16 de decembro, ás 20.00 horas, nas instalacións do Casino de Perlío. Contará coa participación da Coral Polifónica Agarimo de Sillobre, Coral Polifónica O Pote de Maniños, Tradicoro, Rondalla Estrelecer e Rondalla Perla del Río. Entrada libre e de balde, sen reserva previa.

O repertorio que levan as cinco agrupacións participantes ao certame é o seguinte:

1. CORAL POLIFÓNICA AGARIMO DE SILLOBRE
• Na noite máis fermosa
• Mariñeiro
• Boliños do pote

2. CORAL POLIFÓNICA O POTE DE MANIÑOS
• Noite de amor
• Blanca Navidad
• Navidad

3. TRADICORO
• Linda noite
• Tu scendi dalle Stelle
• Noite de Paz, vers Julio Domínguez

4. RONDALLA ESTRELECER
• A Belén vinde pastores
• A boa nova
• O noso Nadal

5. RONDALLA PERLA DO RÍO
• Meu neniño
• Despacito
• Ledicia

Organiza o CCRD de Perlío e Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural)

Máis información:
Tlf.: 981 340 366
cultura.deportes@fene.gal
www.fene.gal