Perto de 500 participantes na IX San Silvestre Concello de Fene 2023
29-12-2023
A proba terá lugar este sábado, 30 de decembro, a partir das 17:00 horas con saída/meta situada diante do Concello de Fene (na Avenida do Concello). Os/as participantes poderán retirar o dorsal – chip hoxe venres no Salón de Plenos do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González) en horario de mañá, até as 13:00 h, e de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Tamén se poderán recoller mañá sábado no salón de Plenos do Concello, de 10.00 a 13.00 e de 15.30 a 16.30 h.
Participarán corredores/as inscritos nas categorías: Biberóns (ano de nacemento 2019), Pitufos (2018), Sub 8 (2016-17), Sub 10 (2014-15), Sub 12 (2012-13), Sub 14 (2010-11), Sub 16 (2008-09), Sub 18 (2006-07), Absoluta (2005 e anteriores) e Andaina (todas as idades).
Os /as participantes na andaina, deberán percorrer o circuíto de 2,5 km nun tempo máximo de 25 minutos. Aquelas persoas que non o remataran nese tempo, subirán ao coche escoba que os/as levarán ata a meta para poder comezar coas carreiras da categoría Biberóns e sucesivas. Por outro lado, nas carreiras de menores, “pitufos” e biberóns”, poderán establecerse quendas de 10 participantes para evitar aglomeracións e posibles caídas dos/as participantes.
En canto aos premios, haberá trofeos para os/as tres primeiros clasificados/as das categorías de Absoluta, sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 , sub 10 e sub 8 tanto masculino como feminino, recibirán un trofeo. Tódolos/as participantes das demais categorías recibirán unha medalla conmemorativa da xornada.
A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado as bases que inclúen unha declaración de estar en bo estado físico, eximindo á organización, aos sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de lesión.
DISPOSITIVO ESPECIAL DE TRÁFICO “SAN SILVESTRE”
Por mor da celebración da San Silvestre 2023, a Policía Local de Fene anuncia as seguintes restriccións ao tráfico e ao aparcamento nas rúas afectadas:
O sábado 30 de decembro estará prohibido aparcar e circular na Avenida do Concello de 15:00 a 21:00 horas
Por outra banda haberá cortes temporais de tráfico de 17:00 a 20:30 horas nas seguintes rúas:
◦ Rúa da Fraga
◦ Marqués de Figueroa
◦ Río Cádavo
◦ O Pachuzo
◦ Os Pinares
◦ O Maroño
◦ O Cardoeiro
◦ Rúa Alta
◦ Rúa Travesa
◦ Rúa Xerardo Díaz
◦ Avda. de Tarrío