Beneficios da intelixencia emocional nas crianzas

Beneficios da intelixencia emocional nas crianzas

As sesións neste novo ciclo vanse a celebrar nos meses de febreiro, marzo, abril e maio.

O Concello de Fene, a través dos Servizos Sociais, continúa neste ano 2024 o programa xa iniciado no ano 2023 relacionado co apoio ás familias na súa labor educativa cas crianzas. Este luns día 5 de febreiro, a partir das 18:00 horas reanudase o ciclo de de sesións “ Acompañar no reto de educar” que se van a celebrar na Casa da Cultura de febreiro a maio.

Estas sesións se organizan a través da agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda co obxecto de desenvolver o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Espazos en familia.

Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.

Estas actuacións están encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información nas familias a nivel emocional e na prevención das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.

As sesións neste novo ciclo vanse a celebrar nos meses de febreiro, marzo, abril e maio.

O próximo día 5 iniciase o ciclo do mes de febreiro co tema a tratar “ Beneficios da intelixencia emocional nas crianzas”


DATA: 5 de febreiro
HORARIO: de 18:00 a 20:00 horas
LUGAR: Casa da Cultura de Fene
DESTINADA A: todos os públicos, ANPAs, entidades sociais, familias e preadolescentes
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Mediante o código QR

Outros temas a tratar nas sesións a impartir en febreiro son:
19 de febreiro:
“ Superando os problemas da infancia”
26 de febreiro:
“Comunicación asertiva na adolescencia”

Todas as sesións realizaranse ás 18.00h. LUGAR: Casa da cultura de Fene

Inscrición :As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar aforo.

*SERVIZO DE CONCILIACIÓN:

Ao obxecto de que as familias poidan dispoñer dun tempo para acudir as sesións de familia, paralelamente estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo.
A inscrición no servizo de conciliación:
As familias interesadas si non o indicaron na folla de inscrición é necesario que contacten con servizos sociais para solicitalo.
O plazo para escribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.

Metodoloxía: As xornadas serán participativas, utilizando dinámicas grupais. Nas sesións recolleránse todas as cuestións que se platexen e tratarase de dar resposta as mesmas.

Achégase cartel informativo para a súa difusión.

Para calquera outra información dirixirse a:


CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607