San Valentín acolle este sábado o campionato de Preseleccións Provinciais de patinaxe artística

San Valentín acolle este sábado o campionato de Preseleccións Provinciais de patinaxe artística

O Concello de Fene colabora co club fenés Buxaina na organización do Campionato de preseleccións provinciais (Coruña e Lugo) de patinaxe artística nas categorías benxamín, alevín e infantil. O evento terá lugar este sábado, 10 de febreiro, no pavillón polideportivo da Xunqueira e contará coa participación de nenas e nenos das dúas provincias, nas súas respectivas categorías, femininas e masculinas.

O campionato comezará coa categoría infantil que competirá en horario de mañá, de 9:30 a 14:15 horas. Pola tarde competirán as categorías benxamín e alevín, de 16:00 a 18:45 horas.

Este campionato contará cos mellores patinadores/as, tanto da provincia da Coruña como da de Lugo, determinando a categoría na que poderán competir durante esta tempada. Así, logo da cita deste sábado e, segundo a puntuación e clasificación que obteñan os/as patinadores/as, quedarán divididos para toda a tempada en patinadores/as de categoría Nacional ou Rexional.

A normativa da competición será a mesma que a establecida para a Categoría Nacional.