Teño cancro, pode ser hereditario?
20-02-2024
O ciclo que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino trae esta semana a Fene á doutora en Medicina Begoña Graña Suárez. A conferencia da especialista en Oncoloxía Médica terá lugar este xoves, 22 de febreiro, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene), con entrada libre e de balde até completar o aforo.
Begoña Graña Suárez especializouse en Oncoloxía Médica (MIR) no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago . Durante a súa formación clínica e investigadora, a Dra. Graña realizou
estancias en centros internacionais de tratamento, estudo e investigación do cancro coma o Memorial Sloan Kettering Cancer Center de Nueva York e o MD Anderson Cancer Center de Houston-Texas. Coordinou a unidade de alto risco en cancro e asesoramento xenético do Instituto
Catalán de Oncoloxía (ICO) na súa sé de Girona e traballou na unidade de cancro familiar do
Hospital Universitario Vall d Hebron de Barcelona.
Desde o ano 2008 é facultativa especialista estatutaria do Servizo Galego de Saúde, traballando durante 5 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Desde o 2014 traballa no Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). A súa actividade clínica e investigadora está centrada na atención de pacientes afectos de cancro hereditario, así como de aqueles diagnosticados de cancro gastrointestinal.
Apaixoada da ciencia e a literatura, no ano 2020 gaña o XVII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez e, recentemente, a mención de honra da XXVIII Edición do Certame Manuel Oreste Rodríguez López pola súa colección de poemas Lethoeus.
Trala conferecia deste xoves, a seguinte cita de Contando Ciencia será o xoves 14 de marzo e a
protagonista será, nesa ocasión, a doutora en Medicina Ma Mar Tomás, que falará sobre a
Innovación para vencer a resistencia antimicrobiana.