O pavillón da Xunqueira acolle este sábado un Torneo Solidario de Fútbol Sala
23-02-2024
Organizado polo CMI Unidade de Fene e Soos Maquinaria, coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene, o torneo incluirá partidos amistosos entre o CMI Unidade de Fene e outros equipos da contorna, amais de actuacións de baile (Revolución UPA), de rock&metal (Keepers) e sorteos de agasallos. Desenvolverase en horario de tarde, de 16 a 20 horas e, segundo informan desde a organización, no devir da xornada venderanse gorras a 5 €. Os cartos recadados con esta venda doaranse integramente á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Entrada de balde.
O Torneo Solidario do CMI Unidade de Fene desenvolverase atendendo ao seguinte cronograma:
16.00 horas_Presentación do torneo e partido CMI Unidade de Fene Vs. ADCR Santa Mariña
16.30 horas_Partido Cidade de Narón Vs. CD A Solaina
Primeiro sorteo de agasallos
17.00 horas_Partido Lago DVSport Vs. Troula F.S.
17.20 horas_Actuacións de Revolution Upa e Keepers
18.00 horas_Partido Cidade de Narón Vs. CMI Unidade de Fene
Segundo sorteo de agasallos
18.30 horas_Partido ADCR Santa Mariña VS. Troula FS
Terceiro sorteo de agasallos
19.00 horas_Partido Lago DVSporte Vs. CD A Solaina
19.30 horas_Entrega de medallas
19.45 horas_Actuación de Keepers