Presentación na Casa da Cultura de Fene do novo libro do escritor Manuel Díaz Vázquez
28-02-2024
Tananarive. Pequeño atlas literario (TerraIgnota Ed.), de Manuel Díaz Vázquez, “é un exercizo de imaxinación con non poucas doses de humor, e que pretende, tácita e expresamente, rendir homenaxe a algúns escritores que inspiraron ao autor a semellante práctica, co risco de acabar entre reixas”. Así se define a nova obra do escritor ferrolán que se presenta este xoves, 29 de febreiro, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Fene.. No acto, o autor asinará exemplares da obra aos/ás asistentes.
Aínda que é un libro breve, en Tananarive, “a variedade de estilos e formatos é notoria. Transita desde uns cantos poemas en prosa ata o conto (amosa como conseguiu un poema do gran Rubén Darío), desde un soneto a rimas estrafalarias e algunha anécdota existencial, todo isto impregnado por unha pátina de ironía sutil que non deixará de ser captada polo lector, que acabará sendo cómplice ou tirando o libro pola fiestra como se fora unha vella chave inglesa…”
Manuel José Díaz Vázquez naceu en Ferrol en 1960. Estudou Filosofía mentres desenvolvía a súa auténtica vocación: escribir. A súa primeira novela publicada foi Queso fresco con membrillo, á que seguiron A las vacas de la señora Elena no les gusta el pimiento picante, La calavera de Yorick, Apuntes y memorias del peor estudiante del mundo, La ironía del afilalápices y La vida tangencial.
Tamén participou en antoloxías literarias, recitais, presentacións de libros e conferencias.
Colabora: Concellería de Cultura de Fene