María del Mar Tomás fala este xoves sobre a resistencia aos antibióticos no ciclo Contando Ciencia
12-03-2024
Innovación para vencer a resistencia antimicrobiana, é o tema da penúltima sesión do ciclo Contando Ciencia, que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A convidada nesta ocasión é a doutora en Medicina María del Mar Tomás Carmona. Falará este xoves, 14 de marzo, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene). Entrada libre e de balde até completar o aforo.
Grao en medicina, Máster e doutora pola universidade de Granada, María del Mar Tomás Carmona é especialista en microbioloxía no CHUAC amais de investigadora no INIBIC-SERGAS. Investiga a relación entre a resistencia e os mecanismos virulentos de varios patóxenos. Ademais é a coordinadora da unidade de diagnoses xenómica de clínica de microbioloxía do CHUAC.
Trala conferecia deste xoves, a derradeira cita de Contando Ciencia por este curso será o xoves 25 de abril e o protagonista será o informático e autor de Microsiervos, Javier Pedreira, “Wicho”, que falará sobre a Os valores da casa para andar pola rede.