O concello ilumínase de amarelo o día da endometriose

O concello ilumínase de amarelo o día da endometriose

A institución súmase á iniciativa promovida por querENDO coa iluminación do Concello de amarelo

O Concello de Fene tinguiuse de amarelo hoxe xoves 14 ata ao abeiro da conmemoración do Día Mundial da Endometriose. Deste xeito, a institución súmase ás reivindicacións de querENDO,  para conmemorar esta data e darlles visibilidade a todas aquelas que a padecen.

A endometriose é unha enfermidade inflamatoria crónica estrógeno-dependiente de orixe descoñecido, que
consiste na implantación e crecemento benigno de texido endometrial fora do útero.


QuerENDO mulleres con endometriose é unha asociación de ámbito galego que naceu no ano 2015 e cuios
obxectivos son os de ofrecer axuda física, psicolóxica e educativa as mulleres afectadas de endometriose e as
súas familias, independientemente do grao ou estadio da súa doenza, así como desenvolver todas as
actividades socio-sanitarias que sexan necesarias para dar a coñecer a doenza, contribuíndo deste xeito a un
diagnóstico precoz e evitando na medida do posible o deterioro da súa calidade de vida.

Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607