Máis de douscentos bailaríns tomarán parte este domingo no XI Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene
14-03-2024
Volve unha das probas de baile deportivo máis importantes e consolidadas da tempada. O XI Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene celebrarase este domingo no pavillón de San Valentín co aliciente de ser a primeira proba puntuable do ranking nacional en Galicia. A competición iniciarase ás dez da mañá e desenvolverase durante toda a xornada, contando con 4 especialidades recoñecidas pola Federación: Standard/Latino, Single, Caribeños e Danza Coreográfica.
Un total de 220 bailaríns tomarán parte na proba á que asistirán 5 xuices nacionais e internacionais.
Desde a Concellería de Deportes de Fene anímase á cidadanía a asistir este domingo ao Trofeo de Baile Deportiva xa que, durante toda a xornada, poderase gozar do espectáculo que ofrecerán os deportistas na pista.